Resulta interesante e moi motivador para os pequenos/as plantexarlles, de cando en vez, actividades nas que a experimentación cos obxectos sexa máis sistemática, onde poidan centrarse nalgo concreto e iniciarse na metodoloxía e o coñecemento científico.
Neste trimestre levamos a cabo tres experimentos dirixidos na nosa aula: absorción , flotación e mestura de cores.
Plantexamos a actividade en tres pasos:
1- formulación de hipóteses : que pasará? cales cremos que absorben/flotan? ...
2- experimentación e rexistro
3- comprobación das hipóteses e conclusións
Deixámosvos as fotos dunha destas sesións.