Volveu o outono e xa comezamos a ver as follas cambiando de cor.
Á espera dos ricos froitos que nos trae esta estación, apuramos os últimos propios do verán, como os deliciosos figos cos que nos agasallou Victoria.
Grazas, Victoria!
"O ASOMBRO É O DESEXO PARA O COÑECEMENTO. OS NENOS E NENAS ASÓMBRANSE PORQUE NON DAN O MUNDO POR SUPOSTO, SENÓN QUE O VEN COMO UN REGALO." CATHERINE L`ECUYER.