sábado, 23 de abril de 2016

LER FAINOS LIBRES.


Coa excusa da celebración do Día do Libro, aproveitamos para escribir os nosos propios "minilibros" e compartímolos cos nosos compañeiros e compañeiras de tres anos que desfrutaron moito coas nosas narracións.







Tamén fixemos un "bookcrossing". Escollemos un conto da nosa biblioteca de aula e convertémolo en libro viaxeiro: puxémoslle unha notiña dentro e deixámolo no patio para que o atopasen outros nenos e nenas e o puidesen ler. Nós tamén atopamos algún! 



QUE LEAMOS MOITO! E TODOS OS DÍAS DO ANO... 

martes, 19 de abril de 2016

UNHA ILLA NO MEDIO DO MAR...

Foi unha aventura interesante a nosa investigación sobre as illas. Aprendemos moitas cousas novas.
Neste vídeo recollemos algúns dos momentos deste pequeno proxecto.




                                                                                                                   (Premede na imaxe)

Cor e música.

Pintamos inspirados e inspiradas pola "Primavera" de Antonio Vivaldi. 
Grandes obras de arte froito da concentración e deleite con esta fermosa melodía. 
Premede na imaxe para desfrutar da peza musical. 





Facede click nas imaxes para ver uns vídeos curtiños da actividade. 




ANIVERSARIOS SEGUNDO TRIMESTRE

Parabéns!





(Preme na imaxe)

sábado, 5 de marzo de 2016

"É ONDE HAI MOITAS OBRAS DE ARTE", "TAMÉN ÓSOS DE DINOSAURIOS"... inauguramos o noso Museo.

"Todo o que poidas imaxinar é real". Iso dicía Picasso. 

Estes nenos e nenas imaxinan moito e fano real. Cada un/unha á súa maneira.
Xa fixemos moitas "artistadas" no que vai de curso, pero, para estrear o noso museo particular, probamos cun circuíto de técnicas plásticas que aínda non empregaramos.













Podedes pasar a velo. É de balde!

sábado, 13 de febreiro de 2016

Ata o ano que vén, Entroido larafuzán.

Unha das festas que máis gozan os nenos e nenas é o Entroido.
Esta celebración ten unha longa tradición na nosa terra, por iso , este ano, aproveitamos para coñecer algúns dos personaxes máis representativos das troulas galegas destas datas.
Grazas ao material compartido pola compañeira Dolores, do Cra de Bergondo, puidemos ver vídeos, fotografías, aprender algunha copla, decorar deseños dos diferentes personaxes e facer a nosa propia máscara de peliqueiros.




Coñecemos:
Os xenerais do Val do Ulla.

Os peliqueiros de Laza.

As pantallas de Xinzo de Limia. 

Os volantes de Chantada.

Os boteiros de Viana do Bolo. 












Este ano tiven a sorte de poder achegarme ata Viana do Bolo e ver aos fulións e boteiros ao vivo, así que aquí vos deixo algunha foto do seu entroido 2016.  






Ademais de todo isto, participamos na celebración do noso Entroido Olímpico. Unímonos á gran comitiva deportiva con disfrace de tenistas e reivindicamos a construción do novo centro baixo o lema "Pasan de nós olimpicamente". Visitade o blog do cole para ver máis fotos. 








Grazas ás familias pola súa colaboración. 













ATA O ANO, ENTROIDO! 

venres, 12 de febreiro de 2016

Onde tes ti a risa?

Velaquí un momento cheo de desfrute. Deses moitos que xorden na aula. 




Despois de axudar a Daniel a buscar a risa da súa irmá Lúa, seguimos o consello da curuxa e agasallámonos cunha sesión de cóxegas coa que conseguimos atopar unha boa chea de gargalladas.