domingo, 13 de decembro de 2015

EXPERIMENT-ARTE

Os nenos e nenas están experimentando a todas horas. Observan espontaneamente, tocan, proban, calculan... 
Resulta interesante e moi motivador para os pequenos/as plantexarlles, de cando en vez,  actividades nas que a experimentación cos obxectos sexa máis sistemática, onde poidan centrarse nalgo concreto e iniciarse na metodoloxía e o coñecemento científico. 
Neste trimestre levamos a cabo tres experimentos dirixidos na nosa aula: absorción , flotación e mestura de cores. 
Plantexamos a actividade en tres pasos: 
1- formulación de hipóteses : que pasará? cales cremos que absorben/flotan? ... 
2- experimentación e rexistro 
3- comprobación das hipóteses e conclusións 

Deixámosvos as fotos dunha destas sesións.




2 comentarios: