(Pinchade na imaxe)
Neste vídeo queda un repaso en imaxes do que foi o curso 2015-2016. Vémonos en setembro con enerxías renovadas! BO VERÁN.
DEBERES PARA O VERÁN 2016.
1.
O xoves 23
dorme ata espertar.
2.
Se podes,
recolle algunha herba coa túa familia para a auga de San Xoán.
3.
Xoga moito.
4.
Le, escoita ou
bota un ollo a todos os libros que poidas.
5.
Xoga fóra da
casa, ao aire libre.
6.
Fai unha
casiña “do bosque”.
7.
Observa as
nubes igual que fixemos no cole.
8.
Xoga moito.
9.
Dille ao avó
ou á avoa que che conte unha historia de cando eran pequenos/as.
10. Cociña algunha receita coa túa familia.
11. Axuda nas tarefas da casa.
12. Se estás esperto/a cando saian as estrelas,
míraas.
13. Fai caso do que che din mamá e papá.
14. Fai debuxos na area da praia.
15. Brinca tan alto como poidas.
16. Dilles a mamá, a papá e ao resto da familia que
os queres.
17. Xoga moito e con outros nenos e nenas.
18. Pregunta, se queres saber algo.
19. Baila e canta ata cansar.
20. Senta debaixo dunha árbore.
21. Coida da natureza que hai ao teu arredor e
desfruta dela.
BOAS
VACACIÓNS!! UN BICAZO!
Moi bo verán a ti tamen.
ResponderEliminarIntentaremos facer todos os deberes e incluso un mais: visitar unha illa.
Bicos de Victoria.