xoves, 5 de novembro de 2015

Piratas... nas nubes...



Curiosidade, asombro, sorpresa, admiración... 
Os nenos e nenas veñen con todo isto "de fábrica". O noso principal labor debe ser alimentar todas estas extraordinarias capacidades e non arrebatarllas. Como ben nos achega Catherine L`Ecuyer no seu libro "Educar en el asombro", vai ser precisamente esta cualidade o motor da aprendizaxe e o desenvolvemento. 
Así pois, abraiémonos xuntos/as durante este curso 2015/2016. 
Benvidas e benvidos ao blogue dos nenos e nenas de 4 anos B do CEIP Cruceiro de Vilalonga! 

3 comentarios:

  1. Moitas gracias Laura por esta xanela o mundo escolar dos nosos peques ;)

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias Laura por esta xanela o mundo escolar dos nosos peques ;)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ás veces fáltanos tempo para intercambiar información e contar novidades, así que agardo que este medio nos sirva para que poidades estar "ao día" das nosas aventuras na aula.
      Non teño moita experiencia nisto dos blogues, pero intentarei ir mellorando.
      Graciñas Estefanía.
      Unha aperta!

      Eliminar