VÉN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO
DA ETERNA VIAXE.
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.
Ana Mª Fernández. "Ondas de verde e azul". Xerais.
O outono é unha das épocas do ano que máis agasallos nos trae: mesturas de cores case hipnóticas, froitos deliciosos, o espectáculo de ver as árbores desprenderse da súa vestimenta, alfombras de follas secas que triscan ao pasar... e moito máis.
Na nosa clase puidemos desfrutar e sacar proveito dalgúns destes presentes da natureza coa axudas das familias.

Amosamos, explicamos, tocamos, ulimos e probamos:
Fixemos "performances" outonais
converténdonos en árbores por uns
momentos e inventándolles un nome:

Traballamos conceptos lóxico-
matemáticos: formas, cores,
comparacións, tamaños, cantidades...:
Creamos composicións artísticas:
E , cando xa as follas cumpriran todos os seus cometidos,
alguén dixo..."podemos pintalas":

Con estas actividades traballamos o contacto e coñecemento máis directo do noso medio natural, a análise e comparación de cualidades de elementos da natureza, a creatividade e a imaxinación, o respecto polo medio ambiente e a alimentación da curiosidade...
Todo isto e máis...
Xenial!!! Como me gustaron esas "performances"
ResponderEliminarFelicitacións polo voso traballo!!
Fomentando a creatividade polos nenos e o seu interés pola natureza otoñal. Encantame! Moitas gracias Laura por compartir!
ResponderEliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminar