Nós sabemos o que
é a Paz.
A paz son as
cousas boas: o amor, o cariño, darse abrazos, namorarse, darse bicos, cantar, rir e, por suposto, non pelexar.
Pero non hai paz
onde hai guerra.
Na guerra hai
canóns, hai bombas, lanzamisiles, pelexas… Onde hai guerra queda todo destruído
e con lume. As pistolas da guerra, matan.
Cremos que para
que non haxa guerra as armas deberían
ser feitas de caramelo porque, deste xeito, non matarían a ninguén. Ademais,
falando e sabendo perdoar poderiamos
evitalas.
As persoas que
teñen que escapar das súas vilas e cidades na procura dun lugar onde vivir en
paz chámanse refuxiados.
Nós escoitamos
esta palabra na televisión e na radio.
Din que algúns
refuxiados van polo mar e afogan.
Os nenos e nenas
que viven onde hai guerra non teñen
comida suficiente, nin auga, nin camas, nin escolas, nin medicinas, nin
xoguetes, nin casas…
Por este motivo,
eles, elas e as súas familias están moi tristes e asustados.
Teñen que meter as cousas que lles quedan nunha maleta
e fuxir a un sitio onde non haxa guerra e poidan vivir. Ás veces van ao
deserto.
Se chegase unha
nena ou un neno a Vilalonga fuxindo da guerra dariámoslle unha casa onde vivir
porque hai edificios que teñen moitas casas baleiras.
Tamén precisarían dun traballo para gañar cartos e poder mercar comida e auga. Cando imos ao Eroski con papá ou mamá vemos sitios “baleiros”. Poderían traballar alí.
No noso cole hai
sitio para eles. Poderían vir á nosa clase.
Nós sentímonos
felices porque onde vivimos non hai guerra. Pero se nos paramos a pensar e
imaxinamos que temos que fuxir a outro país botariamos moitas cousas de menos:
os xoguetes que nos trouxo Papá Noel, a nosa casa, a nosa cama para durmir, os
nosos zapatos para correr, a nosa roupa, as duchas para bañarnos e os bonecos
que algúns utilizamos para durmir porque nos fan sentir máis “tranquilas”.
Gustaríanos poder
falar con algún neno ou nena que foxe da guerra para poder dicirlle que :
- Temos
un montón de xoguetes para prestarche.
- Ímoste
curar coas medicinas que temos.
- Levarémoste
ao médico de Pontevedra.
- Temos
casas para ti.
- Teño
unha cama que podes usar.
- Darémosche
auga, libros para ler e estudar, roupa e un estoxo para ir ao cole.
- QUERO
DARCHE TERRA PARA PLANTAR FLORES.
As nosas portas están abertas para eles/as.
Podedes ver un resumo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz aquí:
https://ceipcruceiro.wordpress.com/2016/01/30/abrindo-portas-aos-refuxiados/
Que duro aue nestes tempos que corren teñamos que conciencialos nos problemas que trae a guerra, duro pero necesario. Gracias
ResponderEliminarQue duro aue nestes tempos que corren teñamos que conciencialos nos problemas que trae a guerra, duro pero necesario. Gracias
ResponderEliminarQue os nenos de hoxe cambien o mundo de mañá. Grazas por non pechalos á realidade.
ResponderEliminarQue os nenos de hoxe cambien o mundo de mañá. Grazas por non pechalos á realidade.
ResponderEliminarhttps://m.facebook.com/unicef.es/photos/a.384810581278.166870.256196396278/10153472098846279/?type=3&fs=5
ResponderEliminarOla Laura! Na páxina do facebook de UNICEF España están a recoller mensaxes para os nen@s refuxiados de Siria en Zaatari.
Ainhoa e nos xa deixamos a nosa mensaxe, e deixamos o enlace a esta entrada e o a do manifesto polos refuxiados do cole.Unha aperta
https://m.facebook.com/unicef.es/photos/a.384810581278.166870.256196396278/10153472098846279/?type=3&fs=5
ResponderEliminarOla Laura! Na páxina do facebook de UNICEF España están a recoller mensaxes para os nen@s refuxiados de Siria en Zaatari.
Ainhoa e nos xa deixamos a nosa mensaxe, e deixamos o enlace a esta entrada e o a do manifesto polos refuxiados do cole.Unha aperta
Estupendo, Estefanía! Que boa idea compartir a nosa pequena achega. Moitas grazas. Outra aperta.
Eliminar