martes, 2 de febreiro de 2016

AS NOSAS PORTAS ESTÁN ABERTAS...



         Nós sabemos o que é a Paz.
A paz son as cousas boas: o amor, o cariño, darse abrazos, namorarse, darse bicos, cantar, rir e, por suposto, non pelexar.
Pero non hai paz onde hai guerra.
Na guerra hai canóns, hai bombas, lanzamisiles, pelexas… Onde hai guerra queda todo destruído e con lume. As pistolas da guerra, matan.
 Cremos que para que non haxa guerra as armas deberían ser feitas de caramelo porque, deste xeito, non matarían a ninguén. Ademais, falando e sabendo perdoar  poderiamos evitalas. 

    As persoas que teñen que escapar das súas vilas e cidades na procura dun lugar onde vivir en paz chámanse refuxiados.

    Nós escoitamos esta palabra na televisión e na radio.
Din que algúns refuxiados van polo mar e afogan.

    Os nenos e nenas que viven onde hai guerra  non teñen comida suficiente, nin auga, nin camas, nin escolas, nin medicinas, nin xoguetes, nin casas…
Por este motivo, eles, elas e as súas familias están moi tristes e asustados.
Teñen que  meter as cousas que lles quedan nunha maleta e fuxir a un sitio onde non haxa guerra e poidan vivir. Ás veces van ao deserto.

   Se chegase unha nena ou un neno a Vilalonga fuxindo da guerra dariámoslle unha casa onde vivir porque hai edificios que teñen moitas casas baleiras.
    Tamén precisarían dun traballo para gañar cartos e poder mercar comida e auga. Cando imos ao Eroski con papá ou mamá vemos sitios “baleiros”. Poderían traballar alí.
    No noso cole hai sitio para eles. Poderían vir á nosa clase.

     Nós sentímonos felices porque onde vivimos non hai guerra. Pero se nos paramos a pensar e imaxinamos que temos que fuxir a outro país botariamos moitas cousas de menos: os xoguetes que nos trouxo Papá Noel, a nosa casa, a nosa cama para durmir, os nosos zapatos para correr, a nosa roupa, as duchas para bañarnos e os bonecos que algúns utilizamos para durmir porque nos fan sentir  máis “tranquilas”.

     Gustaríanos poder falar con algún neno ou nena que foxe da guerra para poder dicirlle que :

          - Temos un montón de xoguetes para prestarche.
          - Ímoste curar coas medicinas que temos.
          - Levarémoste ao médico de Pontevedra.
          - Temos casas para ti.
          - Teño unha cama que podes usar.
         -  Darémosche auga, libros para ler e estudar, roupa e un estoxo para ir ao cole.
          - QUERO DARCHE TERRA PARA PLANTAR FLORES.


As nosas portas están abertas para eles/as. 




























Podedes ver un resumo da celebración do Día Escolar da  Non Violencia e a Paz aquí: 

https://ceipcruceiro.wordpress.com/2016/01/30/abrindo-portas-aos-refuxiados/



7 comentarios:

  1. Que duro aue nestes tempos que corren teñamos que conciencialos nos problemas que trae a guerra, duro pero necesario. Gracias

    ResponderEliminar
  2. Que duro aue nestes tempos que corren teñamos que conciencialos nos problemas que trae a guerra, duro pero necesario. Gracias

    ResponderEliminar
  3. Que os nenos de hoxe cambien o mundo de mañá. Grazas por non pechalos á realidade.

    ResponderEliminar
  4. Que os nenos de hoxe cambien o mundo de mañá. Grazas por non pechalos á realidade.

    ResponderEliminar
  5. https://m.facebook.com/unicef.es/photos/a.384810581278.166870.256196396278/10153472098846279/?type=3&fs=5

    Ola Laura! Na páxina do facebook de UNICEF España están a recoller mensaxes para os nen@s refuxiados de Siria en Zaatari.
    Ainhoa e nos xa deixamos a nosa mensaxe, e deixamos o enlace a esta entrada e o a do manifesto polos refuxiados do cole.Unha aperta

    ResponderEliminar
  6. https://m.facebook.com/unicef.es/photos/a.384810581278.166870.256196396278/10153472098846279/?type=3&fs=5

    Ola Laura! Na páxina do facebook de UNICEF España están a recoller mensaxes para os nen@s refuxiados de Siria en Zaatari.
    Ainhoa e nos xa deixamos a nosa mensaxe, e deixamos o enlace a esta entrada e o a do manifesto polos refuxiados do cole.Unha aperta

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estupendo, Estefanía! Que boa idea compartir a nosa pequena achega. Moitas grazas. Outra aperta.

      Eliminar