sábado, 13 de febreiro de 2016

Ata o ano que vén, Entroido larafuzán.

Unha das festas que máis gozan os nenos e nenas é o Entroido.
Esta celebración ten unha longa tradición na nosa terra, por iso , este ano, aproveitamos para coñecer algúns dos personaxes máis representativos das troulas galegas destas datas.
Grazas ao material compartido pola compañeira Dolores, do Cra de Bergondo, puidemos ver vídeos, fotografías, aprender algunha copla, decorar deseños dos diferentes personaxes e facer a nosa propia máscara de peliqueiros.




Coñecemos:
Os xenerais do Val do Ulla.

Os peliqueiros de Laza.

As pantallas de Xinzo de Limia. 

Os volantes de Chantada.

Os boteiros de Viana do Bolo. 












Este ano tiven a sorte de poder achegarme ata Viana do Bolo e ver aos fulións e boteiros ao vivo, así que aquí vos deixo algunha foto do seu entroido 2016.  






Ademais de todo isto, participamos na celebración do noso Entroido Olímpico. Unímonos á gran comitiva deportiva con disfrace de tenistas e reivindicamos a construción do novo centro baixo o lema "Pasan de nós olimpicamente". Visitade o blog do cole para ver máis fotos. 








Grazas ás familias pola súa colaboración. 













ATA O ANO, ENTROIDO! 

2 comentarios:

  1. Grazas a ti por ensinarlles o noso entroido máis enxebre, e grazas por deixarnos compartir este día cos nosos pequechos ;)

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti por ensinarlles o noso entroido máis enxebre, e grazas por deixarnos compartir este día cos nosos pequechos ;)

    ResponderEliminar