É unha necesidade achegar aos nenos e nenas á súa contorna. Por veces, esquecémonos da importancia do próximo. Lembro con agarimo as tardes na eira, as casiñas nas árbores e , moi especialmente, o tempo de pisar as uvas.
Para algúns nenos e nenas, hoxe en día, as tarefas do campo son algo alleo. Na nosa aula quixemos intentar achegarnos a unha das máis propias do noso arredor: a vendima.
Con esta actividade procuramos que o grupo tomase conciencia dos procesos que son precisos para obter determinados alimentos, dos seus ritmos de crecemento e maduración, ademais de que experimentasen de primeira man a recolleita das uvas.
Foi unha actividade moi enriquecedora e motivadora para os nenos e nenas.
Que "mal" o pasan estes raparigos!!jeje
ResponderEliminarQue "mal" o pasan estes raparigos!!jeje
ResponderEliminarMenudo traballo que debeu dar compoñer ese video! Alabo o montonazo de horas que pasas despois das clases.
ResponderEliminarMenudo traballo que debeu dar compoñer ese video! Alabo o montonazo de horas que pasas despois das clases.
ResponderEliminarMoitas grazas,Rubén. Alédome de que lle botes un ollo ao traballo destes pequenos e pequenas fenómenas. Espero poder contar contigo para algún dos nosos proxectos na aula. Unha aperta.
ResponderEliminar